miércoles, 14 de diciembre de 2011

Tema 4. O son. Vídeos

Tema 4. O Son. Vídeo sobre a ave lira

Hoxe en 2º B falamos das increíbles capacidades da ave lira (Menura novaehollandiae) unha imitadora nata do canto doutras aves e incluso dos sons que escoita no dosel forestal da xungla.
Por que o fan??
Pois para atrer as femias! dalgún xeito hai que chamar a atención e poder reproducirse:

Mellor que o vexades, cada vídeo trae cantos diferentes:




Noutros casos o que prima é a habilidade para desenvolver determinados movementos, tal e como fan o grupo das aves do paraíso. Aquí temos unha dal cal semella que o mismísmo Michael Jackson sacou os movementos:



Espero que os disfrutedes tanto coma min.
Por certo podedes poñer os vosos comentarios.

Tema 4. O son. Apuntamentos e presentación dixital

Bueno!.
Atendendo ás vosas súplicas póñovos o tema por adiantado por se queredes irlle botando un ollo ou descargalo. Non é a versión definitiva, pois ao facelo rápida seguro haberá algunha errata (aque agradecerei que me indiquedes) e igual poño algunha cousiña máis.

Aquí tedes os pauntamentos. Fixen un cambio, deixei unha boa marxe  á dereita para que vos poidades facer as vosas anotacións persoais, diapo co que se corresponde o parágrafo,  palabras clave..etc. Así que usádeos que son moi útiles.

viernes, 4 de noviembre de 2011

Bando de estorninos

Moitas aves boan en bando. Hai varios motivos: viaxando en grupo poden defenderse mellor de depredadores como é neste caso dos estoninos. Outras veces é porque voando en formación aforran enerxía ao voar. Este vídeo penso que vaivos a gustar tanto como a min. Por iso volo comparto:
Murmuration from Sophie Windsor Clive on Vimeo.

jueves, 3 de noviembre de 2011

T.1. A enerxía. Test e exames para avaliar o noso coñecemento

Aquí tedes os exames que se fixeron o ano pasado e este ano: O exame do curso 2010/11 : Curso 2011/12:

Tema 2. Máquinas simples. Vídeos

Os vídeos vistos na aula e que a bo seguro axudaranvos a comprender a materia: Uns vídeos que axudarán a entender como nos axudan as máquinas a aforrar enerxía no noso día a día:

Tema 2. Máquinas simples. Apuntamentos e Presentación dixital

martes, 1 de noviembre de 2011

Preguntoiro científico en Educabarrié



En educabarié, que pertence a Fundación Barrié, cada quince días haberá un científico que nos fará preguntas sobre os seus descubrementosou ou sobre a súa personaxe. Anímate a participar, é moi doado e respostar correctamente e ser dos primeiros ten premio.Primeiro date de alta como usuario de educabarrié (clicando no Rexístrate, apartado superior dereito) e logo observa o vídeo do científico que aparece no link :http://www.educabarrie.org/escuelabarrie/blog/empezamos-co-preguntoiro-cientifico
(ten ollo de darlle onde pon : ler maís, senón igual non che aparece o vídeo). Xa dado de alta podes respostar e túa resposta será tida en conta por orde de aparición.
Déixovos aquí o vídeo para animarvos a participar:

lunes, 17 de octubre de 2011

domingo, 16 de octubre de 2011

II día da Ciencia en Galego

II día da ciencia en Galego
Escolle un/unha compañeir@ e busca dúas prácticas que vos gusten.
Unha das prácticas terédelas que expoñer ante os vosos amigos e amigas o día 4 de novembro, por suposto ...empregando a nosa benquerida lingua galega.
Non te preocupes que os experimentos xa están explicados, pero terás que ensaiar na casa e grabarte con vídeo ou cámara de móbil cando penses que xa che sae moi ben. Tí terás que traer o material e explicar a práctica durante o espazo dos dous recreos. Poderás vir "ataviado" ou "vestido" o máis científico que poidas.
Haberá un premio para a parella gañadora.
Por suposto a actividade conta no apartado de actividades.
Aquí vos deico as actividades para que poidades escoller unha: Aquí tedes os experimentos realizados polos alumnos de 2ª:

Tema 1. Documental: Un ano sen petróleo

FICHA TÉCNICA DA PELÍCULA

Título: Recipes for disaster (Un ano sen petróleo)
Ano: 2008
Duración: 63 minutos
País: Finlandia
Dirección: John Webster
Produción: Kristiina Pervilä
Fotografía: John Webster, Tuomo Hutri
Idiomas: inglés/finlandés
Web: recipesfordisaster.info





Tamén podes descargalo dende aquí: http://www.megaupload.com/?d=SV5OAW1H
SINOPSE ARGUMENTAL

A familia Webster proponse un obxectivo que a simple vista parece case imposible de realizar: vivir un ano sen consumir produtos derivados do petróleo.

Tras unha difícil decisión inicial, os Webster (pai, nai e dous fillos) comezan a prescindir de todos aqueles obxectos de consumo que, nalgún momento da produción, utilizaron petróleo para a súa fabricación.

Os Webster non tardan en descubrir as dificultades ás que se enfrontarán no seu propósito. Encontrar algúns produtos que non estean envasados en plástico convértese nunha tarefa de detectives; deixar de utilizar o vehículo privado ocasiónalles varios trastornos; e ata a fabricación caseira de dentífrico provoca un pequeno conflito familiar...

O resultado final do seu empeño é un documental que nos invita a reflexionar sobre as causas máis cotiás do cambio climático, á vez que expón con sinxeleza as solucións que si se encontran ao alcance das nosas mans, e que por preguiza ou falta de conciencia non nos decidimos a afrontar.

O documental está formulado coma se se tratase dunha receita de cociña, e utiliza moitos recursos humorísticos que converten o seu visionado nun momento ameno e divertido, sen que iso lle quite un ápice de impacto.
1. Por que cres que a película comeza cunha referencia directa aos antepasados do ser humano?
2. Analiza a seguinte frase: "Como é que, sabendo o que teño que facer, fago algo completamente diferente". Aconteceuche algo parecido nalgún momento? Baixo que circunstancias? Cal foi finalmente o teu comportamento e por que?
3. Ao principio do documental relátanse os costumes cotiáns, de ocio e de consumo, que a familia Webster está a punto de deixar atrás. En que se parecen e en que se diferencian das da túa familia? Tras analizalas, cres que o teu comportamento é ambientalmente responsable?
4. Coñeces algún amigo ou familiar que faga ou fixese unha "dieta de petróleo" como a da familia Webster? Cales foron os resultados?
5. Que reaccións che produce a escena na que a familia Webster se despide do coche?
6. No documental achéganse os seguintes datos: a capacidade de rexeneración do noso planeta soporta 3 toneladas de emisións contaminantes por persoa e ano; en Francia, esta relación é de 6 t/persoa/ano; en Gran Bretaña, de 10 t/persoa/ano; en Finlandia, de 13 t/persoa/ano; e en Estados Unidos, de 20 t/persoa/ano. Sabes cal é esta relación en España? E nos países en vías de desenvolvemento? A que cres que se deben estas diferenzas?
7. Analiza a seguinte frase: "As cousas de todos os días: o colexio, os traballos, as afeccións, o supermercado, estaban desperdigadas por todos lados". Acontece o mesmo no teu caso? Que alternativas se che acontecen a esta dispersión?
8. Por que cres que o pai de familia decide dicir que é alérxico ao plástico en lugar de explicar aos demais o seu labor? A partir desta reacción, explica as diferentes actitudes do home e da muller. Por que crees que a ela avergóñalle participar desta idea?
9. A familia Webster acaba utilizando a "electricidade verde" para quentar a súa vivenda. Que sabes acerca da chamada "enerxía verde"? Realiza unha busca en internet para coñecer o caso da empresa Electra Norte e o seu proxecto de "electricidade verde".
10. Por que cres que a nai rompe o pacto familiar e lle compra ao fillo unha bolsa de lambetadas para celebrar o aniversario dun compañeiro de escola? Non cres que o teu centro escolar é un bo lugar para introducir accións deste tipo? Coméntao cos teus compañeiros e organizade unha festa de aniversario libre de petróleo en horario de recreo.
11. No documental menciónase a Rudolf Diesel en relación co seu principal invento, o motor que leva o seu apelido. Descobre máis sobre a figura deste científico alemán e sobre a súa misteriosa morte.
12. Cando a familia Webster compra o coche enerxeticamente eficiente descobren un adhesivo que di: "No war required". Sabes que significa e qué relación pode ter cos biocombustibles?
13. Sobre a base dos datos subministrados no documental, calcula o equivalente ao uso do coche das túas viaxes en avión.
14. Sobre o final do documental, a familia Webster fai inventario do aforro enerxético que produciu a súa aposta.


CONCEPTO e PORCENTAXES
Electricidade100%
Plástico97%
Barco97%
Coche 87%
Viaxes61%
Calefacción20%
Comida: 17%
Auga quente 0%
a. En total, aforraron case dez toneladas de emisións contaminantes. Cres que foi suficiente? Pensas que o esforzo pagou a pena? Xustifica a túa resposta.
15. Analiza a frase: "O noso maior logro foi vivir máis devagar".
16. Por que cres que o documental está dedicado á memoria de "os invernos da nenez"?

Tema 1. Enerxías non renovables e efecto invernadoiro.

As enerxías non renovables son aquelas que son limitadas ou que esgótanse debido a que o seu consumo é máis rápido que a súa rexeneración.

Tema 1. Enerxías renovables

domingo, 2 de octubre de 2011

Tema 1. Actividades

1. Copia no teu caderno as seguintes frases completando coas frases en negriña de xeito que teñan sentido
Realízase un (1)_______________ sobre un corpo cando este se (2)_______________ baixo a acción dunha f(3)_______________ que actúa total ou parcialmente na (4)_______________ do movemento.
A (5)_______________r e o (6)_______________ son os axentes físicos que producen (7)_______________ na materia. Por exemplo: o xeo p(8)_______________ fundirse pola calor do (9)_______________ ou tamén por (10)_______________ con algo.
Son exemplos de (11)_______________ en sistemas materiais: Un cambio de (12)_______________, un aumento ou unha (13)_______________ da temperatura, Unha (14)_______________ ou cambio de forma ou un (15)_______________ de volume.
A enerxía é a (16)_______________ que teñen os corpos ou sistemas materiais de (17)_______________ calor ou de realizar un (18)_______________, de modo que, a medida que un corpo ou sistema transfire (19)_______________ ou realiza un traballo, a súa (20)_______________ diminúe.
Palabras clave: aire calor calor cambio capacidade deformación despraza diminución dirección enerxía frotalo pode forza posición traballo traballo traballo transferir transformacións transformacións
2. Copia no teu caderno as seguintes frases completando coas frases en negriña de xeito que teñan sentido.

Ao aer a bola pola rampla inclinada, fará xirar as aspas do muíño, provocando o arranque do misto ao rozar a súa cabeza coa lixa.

A causa última desta (1)______________ é que a bóla estaba a certa altura. E a bóla cae por causa da (2)______________.

O misto acenderase como consecuencia da (3)______________ da cabeza coa lixa. A fricción da da cabeza do misto coa lixa foi causada polo (4)______________ das aspas. O movemento das (5)______________ foi posible (6)______________ ao movemento da bola. O movemento da bola produciuse debido a que esta, inicialmente, se encontraba a certa (7)______________.

altura aspas fricción gravidade grazas movemento transformación

3.  Asocia os diferentes tipos de enerxía coas situacións da imaxe anterior.

Tipos de enerxía: enerxía potencial, enerxía térmica, enerxía cinética, enerxía química

Ao c
Situacións: fricción misto-lixa, combustión do misto,bola situada a certa altura, bola movéndose,

4. Asocia as diferentes situacións co tipo de transformación

Prancha
Enerxía luminosa = > Enerxía eléctrica
Lámpada
Enerxía eléctrica = > Enerxía acústica
Dínamo dunha bicicleta
Enerxía eléctrica = > enerxía mecánica
Altofalantes
Enerxía eléctrica = > Enerxía luminosa
Ventilador
Enerxía mecánica = > Enerxía eléctrica
Placas fotovoltaicas
Enerxía eléctrica = > Enerxía térmica

5. Relaciona os conceptos da dereita cos da esquerda.

Calor interna da Terra
Enerxía eólica.
Vento
Enerxía non renovable, combustible fósil líquido.
Mareas
Enerxía xeotérmica
Sol
Enerxía hidroeléctrica
Gas natural
Enerxía non renovable, combustible fósil gasoso.
Petróleo
Enerxía solar
Carbón

6. Mira o vídeo e completa os espacios:




Os combustibles (1)_____________ ((2)_____________, (3)_____________ e gas natural) son sustancias orixinadas pola acumulación, hai (4)_____________ de anos, de grandes cantidades de restos (5)_____________ no fondo de lagos e outras concas (6)_____________. Cando se (7)_____________ obtense enerxía. Son fontes de enerxía non (8)_____________ porque, ao (9)_____________ con que os estamos a consumir, chegará un momento en que se rematarán (10)_____________.
   carbón   esgotando   fósiles   fósiles   millóns   petróleo   queiman   renovables   ritmo   

7. Mira o vídeo e completa os espacios:



A enerxía (1)_____________ é a fonte de enerxía (2)_____________ producida polo (3)_____________. Transfórmase  nuns aparatos chamados (4)_____________ (muíños de vento especiais).
Vantaxes: é unha fonte de enerxía (5)_____________ e, unha vez feita a instalación, gratuíta (a instalación ten custos). Ademais, non contamina: ao non existir (6)_____________, non contribúe ao aumento do efecto (7)_____________ e non xera residuos.
Inconveniente: é unha enerxía (8)_____________, xa que depende da regularidade dos ventos. Ademais, os aeroxeradores son grandes e caros. Impactan (9)_____________ sobre a (10)_____________ e sobre o terreo no que se asentan. Máis inconvenientes son que poden afectar ao tránsito de (11)_____________ en paso ou en (12)_____________ migratoria.
   aeroxeradores   aves   cinética   combustión   eólica   inesgotable   intermitente   invernadoiro   negativamente   paisaxe   ruta   vento


8. Mira o vídeo e completa os espacios:


A(1)______________ da enerxía solar pódese realizar de dúas formas: por conversión térmica de alta temperatura (sistema (2)______________) e por conversión (3)______________ (sistema fotovoltaico).  A (4)______________ térmica de alta temperatura consiste en transformar a enerxía solar en enerxía térmica almacenada nun fluído. Para quentar o líquido empréganse uns dispositivos chamados (5)______________. A conversión fotovoltaica consiste na conversión directa da enerxía luminosa en enerxía (6)______________ Se utilizan para iso unhas placas solares formadas por (7)______________ fotovoltaicas (de silicio ou de xermanio).
  células   colectores   eléctrica   fototérmico   fotovoltaica   aproveitamento   transformación

viernes, 24 de junio de 2011

Test para avaliar o profesor e a materia

Por favor responde o máis honestamente que poidas as seguintes preguntas. É absolutamente anónimo.

domingo, 5 de junio de 2011

Tema 10. Función de relación (II). Apuntamentos e presentación dixital

Tema 10 (II). Función de Relación. Vídeos

Este vídeo está xenial!. Poñede a opción de tradución en castelán (spanish)

Tema 10. Funcíons do sseres vivos: Reprodución. Apuntamentos e Presentación dixital

Tema 9. As funcións dos seres vivos. Función de nutrición

miércoles, 13 de abril de 2011

Tema 8. O ciclo das Rochas. Tipos de rochas. Apuntamentos e vídeos

Vídeos. Gea e o Ciclo das Rochas, con preguntas integradas no vídeo.
Capítulo 1

Capítulo 2

Capítulo 3


Preguntas a respostar:

1.       Que é un mineral?
2.       Que tipos de rochas hai?
3.       Que é a litosfera?
4.       Onde se crea e se  destrúe a litosfera?
5.       Con que tipo de rochas podemos comezar o ciclo das rochas?
6.       Que é una conca sedimentaria?
7.       Como se forma una rocha metamórfica?
8.       Como se forma una rocha ígnea?
9.       Canto dura o ciclo das rochas?
10.   Que tipo de rochas sedimentarias existen?
11.   Que tipos de rochas sedimentarias detríticas hai?
12.   Que tipos de rochas sedimentarias existen?
13.   Como se produce una rocha metamórfica?
14.   Que tipos de rochas metamórficas hai?
15.   Como se forman as rochas metamórficas de contacto?
16.   Que é una rocha ígnea?
17.   Como se forman as rochas plutónicas?
18.   Que é  o granito e que minerais o forman?
19.   Que tipo de rochas predominan nas coadas volcánicas? 
Apuntamentos:

jueves, 7 de abril de 2011

Tema 7. Enerxía interna da Terra e formación do relevo. Vídeos

Tema 7. Enerxía interna e relevo. Apuntamentos e presentacións

Apuntamentos:

Presentación:

Tema 6. Enerxía interna da Terra. Presentacións e apuntamentos: tectónica, Volcáns, terremotos, maremotos

Tectónica de placas:

VULCANISMO:
Terremotos e seismos
Maremoto de Xapón

jueves, 10 de marzo de 2011

Tema 6. A enerxía interna da Terra e o relevo.

Documental imprescindible para comprender a enerxía interna da terra, o desenvolvemento xeolóxicco da Terra, o movemento dos continentes integrado na teoría da tectónica de placas e o desenvolvemento da vida. Todo en 2 capítulos do mesmo documental. É OBRIGATORIO VELO E FACER AS PREGUNTAS.






martes, 15 de febrero de 2011

Atraendo aves ao noso xardín

Xa chega en breve a primavera e os paxaros xa andan a buscar parella. Podémolo sentir polos seus cantos.
Eu na miña finca disfruto da compaña das aves todo o ano. Como??, moi doado!. Basta con dispoñer unhas caixas niño a unha altura de 2-4 metros e sobre todo...poñer comida!:
cacauetes, pipas sen salar, alpiste, manteca de cerdo sen salgar...etc. E o banquete está servido para atraer diferentes especies dos nosos emplumados amigos. Aquí déixovos como facelo e o resultado que obteño no meu xardín:

Resultado:
Carbonero:


Xirín:

Verderolo:

paporroibo:

jueves, 10 de febrero de 2011

T5. O Son. Vídeo. A importancia do timbre e a imitación no canto das aves

Hoxe en 2º B falamos das increíbles capacidades da ave lira (Menura novaehollandiae) unha imitadora nata do canto doutras aves e incluso dos sons que escoita no dosel forestal da xungla.
Por que o fan??
Pois para atrer as femias! dalgún xeito hai que chamar a atención e poder reproducirse:

Mellor que o vexades, cada vídeo trae cantos diferentes:




Noutros casos o que prima é a habilidade para desenvolver determinados movementos, tal e como fan o grupo das aves do paraíso. Aquí temos unha dal cal semella que o mismísmo Michael Jackson sacou os movementos:



Espero que os disfrutedes tanto coma min.
Por certo podedes poñer os vosos comentarios.