viernes, 14 de enero de 2011

Documental "A música da Terra"

En "A música da Terra", o naturalista David Attenborough combina as súas dúas grandes paixóns: a natureza e a historia da música. O documental relaciona sons de diferentes animais como paxaros, baleas chepudas ou xibónes con distintas músicas como o rock, o punk, o flamenco ou a música clásica, e revela os lazos existentes entre os humanos e a natureza, e entre a arte e a ciencia.

O documental está ilustrado con belas imaxes, e captou os marabillosos sons producidos polos animais. Analiza como os paxaros ou as baleas emiten sons peculiares para atraer ás femias, e tamén se cuestiona se as habilidades vocais e de escoita que os nosos antepasados desenvolveron, poden ser o comezo do desenvolvemento da linguaxe humana..


Aquí déixovos un link para descargalo directamente se queredes:
http://www.megaupload.com/?d=9SDV4ZLM
Aquí podedes velo directamente, pero lembrade que megavídeo ten unha limitación de 72 minutos e sáltavos punha publicidade ao inicio.




O prazo de entrega do traballo é para o 31 de xaneiro. Tod@s aqueles que non o entreguen para ese día levarán un cero no traballo
Lista de preguntas:

1.       

lunes, 10 de enero de 2011

Tema 4. O Son

Bueno!.
Atendendo ás vosas súplicas póñovos o tema por adiantado por se queredes irlle botando un ollo ou descargalo. Non é a versión definitiva, pois ao facelo rápida seguro haberá algunha errata (aque agradecerei que me indiquedes) e igual poño algunha cousiña máis.

Aquí tedes os pauntamentos. Fixen un cambio, deixei unha boa marxe  á dereita para que vos poidades facer as vosas anotacións persoais, diapo co que se corresponde o parágrafo,  palabras clave..etc. Así que usádeos que son moi útiles.