lunes, 22 de noviembre de 2010

Os 2ºESO participades no programa "Aula de Energía"

Infórmovos que imos a participar en "Aulas de Energía"
Aula de enerxía é un portal que contén actividades TIC sobre enerxía dirixidas a rapaces e rapazas da ESO.

Estas actividades permitiranvos traballar sobre distintas formas de enerxía cunha metodoloxía diferente á que supoñería a presentación do tema na clase.

Nesta IX edición continuamos incidindo no uso racional da enerxía e na reflexión acerca do consumo e o aforro enerxético.

Podedes acceder dende aquí:
http://www.auladeenergia.com/
ou dende o apartado de Ligazóns salientables.
Para os participantes que finalicen as actividades haberá material informático de agasallo.

domingo, 14 de noviembre de 2010

T.2. Máquinas simples.Vídeos

Uns vídeos que axudarán a entender como nos axudan as máquinas a aforrar enerxía no noso día a día:

sábado, 13 de noviembre de 2010

Cogomelos de récord

Sabemos que o outono é unha estación de cambio entre o verán e inverno. Aínda hai unha Tª bastante moderada, pero chove moito o que fai aumentar a humidade na atmosfera e no solo. Precisamente é isto, a humidade e o baixón de Tª o que provoca que saian cogomelos nos campos, bosques e incluso nas dunas da costas galegas. Un cogomelo moi característico e nada abundante é a Langermannia gigantea, un cogomelo que ostenta uns cantos récords e que atopou Laura, a nosa compañeira de 1º B. Un récord é o de crecemento...e a vista está!, acadando unha masa de varios kg e outro é a rapidez á que medra, posto que é capaz de acadar este tamaño somentes nunha noite!.
Parabéns para Laura e amosarnos a todos este cogomelo de récord!