sábado, 13 de noviembre de 2010

Cogomelos de récord

Sabemos que o outono é unha estación de cambio entre o verán e inverno. Aínda hai unha Tª bastante moderada, pero chove moito o que fai aumentar a humidade na atmosfera e no solo. Precisamente é isto, a humidade e o baixón de Tª o que provoca que saian cogomelos nos campos, bosques e incluso nas dunas da costas galegas. Un cogomelo moi característico e nada abundante é a Langermannia gigantea, un cogomelo que ostenta uns cantos récords e que atopou Laura, a nosa compañeira de 1º B. Un récord é o de crecemento...e a vista está!, acadando unha masa de varios kg e outro é a rapidez á que medra, posto que é capaz de acadar este tamaño somentes nunha noite!.
Parabéns para Laura e amosarnos a todos este cogomelo de récord!

No hay comentarios:

Publicar un comentario