Avaliación

Ø 60 % PROBAS DE AVALIACIÓN – mínimo 2 por trimestre excepto se  hai 10 ou menos semanas de clase.

1 A evidencia de copia  ou chuletas nun exame ten coma consecuencia un cero nese exame e na avaliación. Se o suceso fose suficientemente grave levaríaO na avaliación global, podéndose presentar a persoa ao exame extraordinario de setembro. 
1 En xuño farase unha proba global de toda a materia tendo en conta os obxectivos de área e da E.S.O así coma as compentencias básicas, os contidos e os criterios de avaliación desenvolvidos nesta programación. Esta proba servirá tamén de recuperación das distintas avaliacións.

Ø 35% TAREFA DIARIA  -

1 Tarefa de clase: laboratorio, exercicios, colaboración, exposicións orais..
1 Tarefa de casa: exercicios, debuxos....
1 Presentación do caderno
1 De suspenderen esta parte da materia en xuño deberase recuperar facendo as actividades pertinentes .

Ø 5%  Valórase coa actitude, que tamén está implícita no anterior apartado.

1   A valoración da actitude deberá tomarse sempre en consideración.  O  seu peso na nota final pode aumentar  ao longo do curso, tanto positiva como negativamente, dependendo da actitude do alumnado, tanto individual como colectivamente.

1   A actitude inaxeitada ao longo do curso leva consigo a non superación da materia en xuño.

PARA A SUPERACIÓN DE CADA AVALIACIÓN É NECESARIO APROBAR OS TRES APARTADOS POR SEPARADO.

PARA A SUPERACIÓN DA MATERIA É NECESARIO APROBAR OS TRES TRIMESTRES DE  XEITO INDEPENDENTE, AÍNDA QUE A MEDIA DAS TRES AVALIACIÓNS DESE APROBADO.

AQUELAS PERSOAS QUE COPIEN OU DEIXEN COPIAR NUNHA PROBA ESCRITA, QUE  EMPREGUEN CHULETAS OU QUE NON GARDEN AS SABIDAS MEDIDAS DE RESPETO E DIGNIDADE CARA O RESTO DO ALUMNADO, COMPAÑEIROS E PROFESOR SERÁN EXPULSADOS DA EXAME, POÑERÁSELLES UN PARTE E AUTOMÁTICAMENTE TERÁN UN CERO NA AVALIACIÓN.
As tarefas que realicen seguirán sendo valoradas, pois o traballo diario é imprescindible para acadar as capacidades básicas da secundaria e os obxectivos da materia.

Existirán probas de recuperación de cada avaliación . Tamén   existirán  actividades de reforzo semanais obrigatorias para as persoas que non superen  as   recuperacións e aquelas persoas que estean repetindo. Esas actividades serán valoradas dentro do apartado de tarefa diaria.
As persoas que non superen en xuño a materia poden presentarse ó exame extraordinario de setembro no que se valorarán os contidos mínimos da materia. Por ese motivo a nota que obterá o estudante aprobado nesa situación será dun 5 e se a proba lle sae extraordinariamente ben un 6.

No hay comentarios:

Publicar un comentario