Indicacións para o caderno

Normas para ter un caderno correcto

O caderno de clase é fundamental para que poidas levar ao día o material e obter boas cualificacións ao longo do curso.
Será revisado periodicamente e nel quedarán reflectidas todas as actividades que se desenvolvan na aula e os traballos realizados en cada unidade didáctica.
Tamén se apuntarán aquelas curiosidades ou temas de interese vistos no laboratorio.
Recorda que:
  1. Os exercicios marcados en cada unidade teñen que estar feitos. Tes que enumeralos e copiar os enunciados, deste xeito saberás cantos e cales exercicios corresponden a cada unha das unidades.
  2. En cada tema é necesario que teñas un resumo e/ou esquema final. Así como definir os seus conceptos máis importantes. O teu caderno pode ser a base para a preparación dos exames.
  3. Se os exercicios do tema se corrixen na aula, ten que quedar constancia desta corrección cun bolígrafo vermello. Non importa que algún te saia mal, estás a aprender e o importante é que os fagas e o intentes (o esforzo ten premio).
  4. Se che falta algún apuntamento ou exercicio porque non puideches acudir a clase algún día, pídelle a un amig@ que che deixe botar unha ollada ao seu caderno para completar o que che falte.
  5. Se non se corrixen en clase, o profesor terao en conta para poñer a nota. Valorarase o teu interese por aprender.
  6. A orde e a limpeza do caderno son fundamentais, pero trátase das túas anotacións, polo que se algo está mal ou tachas ou  o indícas cunha marca, non tes porque usar "tipex" para todo. Trata de que a letra sexa clara e a ortografía correcta. Se a túa letra é mala, débela mellorar día a día e esforzarte.
  7. Todas as fotocopias que che de o profesor teñen que estar no caderno, pegadas ou grampadas. Pensa que son esquemas, debuxos ou textos que completar a información que tes no libro de texto
  8. Durante e ao finalizar cada unidade didáctica tes que facer as actividades de clase e de repaso. Debes telas feitas antes dos exames xa que che serven para controlar o teu propio estudo e a túa aprendizaxe.

Non esquezas que:

A nota do caderno de clase supoñerá unha parte da cualificación final de cada avaliación á que se sumará a actitude en clase, o comportamento, actividades de laboratorio, a participación nas actividades e as notas dos exames realizados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario